Home - María Ferreirós
14869
home,page-template-default,page,page-id-14869,cookies-not-set,qode-quick-links-1.0,ajax_updown,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-11.0,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.1.1,vc_responsive

Bioconstrución

Axuda técnica a promotores en materia de construción ecolóxica adaptada a Galicia. Se necesitas axuda na compra do terreo, no deseño da túa vivenda, na súa construción ou na busca de artesáns que leven a cabo a túa obra en bioconstrución.

Rehabilitación

Asesoramento técnico na rehabilitación e recuperación de espazos construídos. Se tes unha vivenda que pensas irrecuperable dálle unha segunda oportunidade. Con pequenas, pero estudiadas intervencións, volverás a querela e a desfrutala…

Intervencións Patrimonio

Intervencións en edificios construídos de gran valor histórico artístico baixo a supervisión de diferentes promotores, Arcebispado de Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago, Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Oficinas A.R.I.

Asesoramento técnico e xestión das axudas públicas destinadas á rehabilitación de vivendas en Áreas de Rehabilitación Integrais e posta en valor dos ámbitos históricos das cidades.

Madeira

Intervencións en estruturas de madeira. Non descartes recuperar esa marabillosa estrutura de madeira, seguramente estea mellor do que pensas, a madeira sempre sorprende. Só necesita contarnos as súas doenzas para tratala e que volva ó seu estado orixinal…

Outros Servizos

Certificados de eficiencia enerxética. Proxectos de actividade. Estudios técnicos. Colaboración con estudios de arquitectura na elaboración de proxectos. Elaboración de memorias técnicas para obras públicas de rehabilitación. Coordinación de seguridade e saúde durante as obras….

Últimos traballos