2017
Os propietarios buscaban unha reforma con materiais naturais, ó mesmo tempo que se mantivera a esencia dunha vivenda no rural. O deseño basado na construción tradicional supuxo a formación de muros de cantería mellorados con illamento a base de planchas de corcho e estrutura mixta madeira-metal. Os materiais ecolóxicos empregáronse durante todo o proceso construtivo, dende a soleira ventilada para evitar a acumulación de radón, ata a cuberta empregando un illamento de fibras de madeira. O sistema de xeotermia instalado permite dotar á vivenda de auga quente sanitaria, calefacción e climatización.
Arquitecto: Juan Fenández del Campo Barbadillo
Arquitecta Ténica: María Ferreirós
Empresa construtora: Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L.
Promotor: Privado