2005
Partíase dunha pequena vivenda con muros pétreos á cal se lle engadiron dous volumes, a zona de día cun gran salón orientado á Ría de Vigo, e o segundo destinado a dormitorios e baño. Seguíronse criterios de bioconstrución en procesos contrutivos e materiais. A estrutura vertical executouse en bloque de termoarcilla illado con planchas de corcho. A estrutura horizontal resolveuse con vigas de madeira de castiñeiro. A vivenda conta cunha galería de madeira con gran aleiro e illamento de celulosa. O conxunto construído posúe tres tipos de cuberta, a tradicional en tella sobre o volume orixinal, cuberta de cobre sobre o volume da galería e cuberta vexetal sobre os dormitorios. Instalouse o sistema de pozo canadiense para mellorar a temperatura interior das diferentes estancias. As carpinterías de madeira cerran a vivenda.
Arquitecto: Mike Lhemhaus
Empresa construtora: Ecoservicios y Bioconstrucción Atlas, S.L.
Xefa de Obra: María Ferreirós
Promotor: Privado