2018
No ano 2018 a Dirección Xeral de Patrimonio levou a cabo as obras de restauración das fachadas da Igrexa de San Vicente do Pino do Mosteiro de Monforte de Lemos. Os traballos consistiron principalmente en solucionar a entrada de auga e humidade no interior da igrexa a través as súas fachadas, cornixas, carpinterías exteriores, etc. As fachadas presentaban unha abundante vexetación e sucidade biolóxica que favorecía a acumulación e entrada de humidade.
As obras comezaron pola limpeza de fábricas de cachotería e cantería picando e renovando as xuntas en mal estado; as cornixas, contrafortes e repisas foron impermeabilizadas con láminas de zinc. A intervención máis destacable foi o revoco de cal nas fachadas de cachotería e un pintado final a base de pintura de cal.
Arquitecto: José María Alonso Montero
Empresa construtora: Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L.
Encargada de obra da empresa construtora: María Ferreirós.
Promotor: Dirección Xeral de Patrimonio, Xunta de Galicia.