María Ferreirós | Portfolio Categories Intervencións no patrimonio
129
archive,tax-portfolio_category,term-intervencions-no-patrimonio,term-129,cookies-not-set,qode-quick-links-1.0,ajax_updown,page_not_loaded,,qode-theme-ver-11.0,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.1.1,vc_responsive

Archive

Nas obras de Reparacións varias no Conxunto das Illas de San Simón e San Antón buscábase a subsanación das patoloxías derivadas de filtracións de auga a través das cubertas e carpinterías. O proxecto abarcaba actuacións nos diferentes edificios que compoñen o conxunto. Restauracións de elementos de cobre, execución...

O Consorcio de Santiago proxecta a renovación dos revocos exteriores da Igrexa de San Pedro debido ó seu mal estado e ás numerosas manchas e pintadas que presenta. A empresa Trabecón realiza un revoco en morteiro de cal executado en varias capas. Tamén se melloran as carpinterías...

O Consorcio de Santiago propuxo a rehabilitación das fachadas, cuberta e patio da Iglexa do Convento de Sta. Clara co fin de eliminar as humidades que poñían en perigo a propia edificación e os bens mobles que alberga no seu interior. Saneáronse as fachadas sustituíndo os revocos actuais deteriorados por...

A Igrexa de Santiago de Betanzos sufría de humidade no seu interior debido a problemas na súa cuberta e fachadas. A Dirección Xeral de Patrimonio decide intervir nos seus paramentos e na bóveda da Capela de San Pedro eliminando revocos de cemento en mal estado e executalos novamente en cal, ao mesmo tempo que sustitúe...

A obra acometida na fachada principal do Pazo de Raxoi centrouse na restauración das barandas de forxa. Eliminando óxidos e pinturas antigas e reparándose as pezas en mal estado. No caso de pezas irrecuperables, estas foron realizadas de novo seguindo métodos tradicionais de forxa. O ferreiro compostelán Chago Martínez Otero levou a...

No ano 2010 a Dirección Xeral de Patrimonio levou a cabo a Limpeza e Consolidación do Mosteiro de Monfero co fin de "redescubrir" o monumento. Foron traballos de mínima intervención nos que se eliminou a vexetación que prácticamente ocultaba o mosteiro, ó mesmo tempo que se consolidaron muros cun elevado risco de derrube. O...